A MIKAELA DE SEGURO QUE RESTARÁ ASISTENCIA A RIAZOR, ASÍ COMO ENTERROS E QUEIMAS DO ENTRUIDO.

 

No 2014 a Mikaela visitaba Riazor para dar alento o Depor nun intre crucial pola permanenza en 1ª División ante o Racing de Santander. Non era o seu día e a cousa foi unha festa fora e dentro do campo, e os “ilusos”, penso que poucos pensaban aquel día, “que carallo fai esa muller vestida dese xeito no campo'”, (máis ben en castelán os que pensaban isto), pero hoxe en día pracitcamente todo o mundo sabe quen é “A Mikaela”, e o triste final, (para ela…ledo para o resto que a acompañarán na queima).

Desta volta a queima da Mikaela coincide no mesmo día do encontro, e como pasa cando a Romaría da Barca coincide con encontro na casa, de seguro que se notará na asistencia a Riazor, pois falando polo baixo uns 40 autobuses de toda a Costa da Morte, principalmente, e de toda Galicia, acuden a unha “queima”, que comezaron un grupo de amigos facendo percorrido polas rúas de Buño, (Malpica), e parando polos bares ca sua música e ca Mikaela.

O horario e día do encontro non foi moi ben mirado, pois coincide ademáis coa rapaza de Buño, ca queima da sardiña, loro, gato, percebe, etc…que se fai en pracitcamente tódolos concellos de Galicia, e tendo en conta que a afección do Depor, está espallada por toda Galicia, e no caso da Costa da Morte, é moi extensa, (gran logro a tódolos niveis da xestión de Don Augusto), por poñer un exemplo, en Carballo, (asíduos a Mikaela), hai máis de 1000 socios do noso querido Depor.

De seguro que nos medios, analfos a este tema tan importante como é o entroido, se baixamos mañán dos 15.000, ou andamos por aí, falarán de que hai baixa entrada que a afección non está contenta co equipo, pero hai que aguantalas pois estamos no Entruido, Antroido, Antruido…como queirades chamarlle según o pobo, e ata “Carnaval”, se me apuro.

Forza Depor!!!

-Foto e Texto : Xosé Búa/piratasdemuxia