A MELLOR FOTO DO FÚTBOL DA COSTA DO 2019 EN WWW.PIRATASDEMUXIA.ES

 

Esta é a mellor foto do 2019 en www.piratasdemuxia.es, polo estético e polo que dí.

Unha foto na que aparece o xogador do SD Camelle, (3ª da Costa), Carlos Tajes “Dido”, agotado e abatido sobre o maltreito tepe do “Campo do Rodeiro”, (Camelle), tras unha dura disputa dun balón cun xogador da SD Laxe, no encontro que xogaron o pasado 30 de Novembro e que rematou co resultado de 2-2 e no que os camelláns xogaban co 10 dende a hora de xogo e perdían por 1-2, intre no que apareceu a raza que caracteriza o fútbol costeiro de sempre, para conseguir empatar e logo os dous equipos xuntos disfrutar dunha “raxada” no propio campo.

Unha foto que trasmite a dureza, o sacrificio e a entrega dos rapaces e rapazas, que coma “Dido”, xogan cada semana sen máis de por medio que defender as cores da sua camiseta, o escudo, e o pobo e afección polas que loitan, sen pedir nada a cambio. Sacrificando o tempo ca familia, con  lesións, disgustos, sensabores e algunha ledicia de por medio, pero dándoo todo, loitando contra o rival de turno e como non podía ser doutra maneira na nosa terra, contra as inclemencias do tempo.

Valga esta foto de “Dido”, que podería ser de calqueira outro/a, para homenaxear a tódolos deportistas da nosa terra e desexarlles un FELÍZ 2020!!!.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.