“A LONXA DE ÁLVARO” DO NOSO COLABORADOR ÁLVARO RODRÍGUEZ, VOLVE A ENTRAR NA GUÍA MICHELÍN E RECIBEU NO DÍA DE ONTE O GALARDÓN.

Álvaro Rodríguez repite con Michelín.

 

O noso colaborador con publicidade e con artigos, Álvaro Rodríguez, ex xogador e presidente do Muxía CF, recibeu no día de onte nun acto patrocinado por Royallis e Coca Cola, e que tivo lugar na pelícano de A Coruña, recibeu o galardón da placa de restaurante da Guía Michelín 2023.

 

Álvaro con Antonio Couceiro.

 

Álvaro que repite recomendación no seu local por parte da famosa guía, nun principio pensou en subir ca camiseta do Muxía CF, equipo dos seus amores xunto co RC Deportivo, do cal estivo co seu presidente Antonio Couceiro no acto. Son moitos os famosos que visitan o local de Álvaro e posan ca camiseta do clube muxián. O local do noso colaborador tamén conta cun “Solete” da Guía Repsol.

A velada que foi exclusivamente para a hostalaría foi presentado por David Amor, que puxo a retranca da Costa da Morte e acompañado do 3 estrelas Michelín, Pepe Vieira.

Tamén recibiron o recoñecemento entrando na Guía Michelín os locais da Costa da Morte : Tavernetta, Landua, Semáforo, Tira do Cordel, Fragón e Río Sil.

A nosa noraboa a todos eles, e en especial a Álvaro Rodríguez, por este merecido recoñecemento para os seus locais, polo bo traballo que están a facer na hostelaría da nosa zona, e de seguro que outros colaboradores nosos tamén non tardarán en entrar da da alta calidade que temos na hostalaría e restauración en Muxía e na costa.

-Foto : Álvaro Rodríguez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”