A LIGA DA COSTA 2024/25 SERÁ UNHA DAS MELLORES DOS DERRADEIROS ANOS.

Cee e Muxía dous históricos da Liga da Costa.

 

Ainda falta por saber quen subeirá a 1ª Galicia G2, o Muxía ou o Mazaricos, (09/06 ás 18:00 horas a ida da final no Pino do Val). Unha categoría que a tenor do que comentamos con moitísimos persoaxes do fútbol costeiro, “é pouco apetecible”, e isto por haber poucos equipos costeiros para unha categoría tan preto da máis pequena, (3ª da Costa), pero todo un orgullo para o equipo que ascenda. A tenor dos equipos que comformarán a Liga da Costa 2024/25, (2ª Galicia G2), todo apunta a unha das mellores en moitos anos polos equipos que a conformarán dada a chegada de varios equipos que levaban anos sen pisala.

O Xallas declinou fai duas tempadas seguir xogando na Preferente Norte, e o Soneira na 1ª Galicia G2. Tiveron que comezar de novo dende o máis baixo, (2ª Galicia), e ambos conseguiron subir no seu primeiro ano a Liga da Costa, os xalleiros como campións e os vimianceses, así coma o Lira, na promoción, e con eles, como subcampión o Corcubión, outro histórico e equipo potente. A estes 4 compoñentes históricos e de calidade hai que sumar o Baio que chega dende a 1ª Galicia G2 e a un forte elenco de equipos con historia e que farán que haxa unha liga moi potente.

 

Equipos que formarán a Liga da Costa 2024/25 e ano do seu debut 

Zona Norte

Muxía, (1964), ou Mazaricos, (1991)

Baio, (1963)

Porteño, (1963)

Corme, (1980)

Ponteceso, (1963)

Camariñas, (1977)

Cabana, (1982)

Coristanco, (1980)

Cee, (1963)

Soneira, (1965)

Xallas, (1965)

Corcubión, (1972)

Zona Sur

Outes, (1972)

Monte Louro, (1981)

Muros, (1979)

Lira, (1979)

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies