A Comisión Delegada da Real Federación Española de Fútbol fixou hoxe o 29 de agosto para o inicio da Primera RFEF, competición na que participará o Real Club Deportivo.

A liga xogarase sen descanso cada fin de semana até o 19 de decembro, que terá lugar a última xornada do ano 2021. Tralo parón do Nadal, a competición da regularidade retómase o 9 de xaneiro pero non haberá liga o 16 de xaneiro pola disputa da Supercopa de España. Tan só haberá unha xornada intersemanal, o mércores 26 de xaneiro.

A Primera RFEF finaliza o 29 de maio despois de 38 xornadas e xa no mes de xuño xogaranse os playoff de ascenso a Segunda División.

-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo