A LFP NON ACEPTA A LIGA DE 24 POLO QUE O MÁIS COHERENTE POLAS NUMEROSAS INFRACCIÓNS É O DESCENSO DO FUENLABRADA COMO MANDA A LEI.

 

Tebas & Company, os manipuladores do fútbol español, así como a RFEF e o CSD deberán cumprir a lei establecida do deporte no tocante as infraccións e descender xa dunha vez ao Fuenlabrada por tódalas infraccións que fixo, e darlle o encontro por perdido ante o RC Deportivo por 3-0, ou se toman como referenza o de viaxar sen médico por 6-0.

A LFP de Tebas non acepta a proposta da RFEF argumentando que sería perxudicial para os equipos, económica e deportivamente. Sen ir máis lonxe para tirar polo chan eses argumento, a 2ª División inglesa consta de 24 equipos, para dar pé a máis equipos profesionais e que máis equipos gocen de ingresos das televisións.

Se no tocante retoman a liga de 24, que ainda non está morto o conto a pesares da negativa da LFP, se hai xustiza deberían igualmente descender o clube madrileño, pois agora mesmo é como saber quen matou o maordomo, ter tódalas probas e ata ver en vídeo como o matou, e seguir dándolle voltas o conto para salvar o “señorito”.

O Fuenlabrada puxo unha querela contra a RFEF e contra todo que se move, agás a LFP, na que ten “persoal” o cargo, nunh acto de peixe que da os derradeiros coletazos na caixa.

Que a xustiza faga o seu traballo e Tebas debe ser inhabilitado e o Fuenlabrada descendido.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia,es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies