A LESIÓN DE MIKU QUÉDASE NUNHA SOBRECARGA.

 

Xa apuntaba Rubén de la Barrera que a lesión de Miku, que aparecía na aliñación que o clube daba a prensa antes do encontro e que non saltou o terreo de xogo : “Non parece que revista gravidade”, así o decía o técnico coruñés e así o confirmaron as probas médicas, tal e como nos informan dende o clube :

“Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que Miku sofre unhas molestias na musculatura aductora derivadas dunha sobrecarga; circunstancia que lle impediu onte xogar de inicio en ABANCA-RIAZOR ante o CD Guijuelo. Así pois, o dianteiro deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia, para iniciar posteriormente o seu proceso de readaptación física; e, en función da súa evolución, incorporarse ao traballo de grupo”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia