Lucía e Naira facendo a “A” de Aroa a que lle adicaron as medallas.
A judoka muxiana de Merexo, Lucía Pazos, consigueu este pasado sábado no Campionato Galego Absoluto celebrado en Ferrol a medalla de bronce na categoría de -57Kg, tras gañar dous combates de maneira fulminante, un en 8 segundos e outro en 1 minuto e 2 segundos. Na semifinal perdeu por shido, (dous pés fora do área de combate), nun intenso combate que chegou no que a esgotar case o tempo regulamentario.
Por outra banda a sua compañeira a coristanquesa, Naira Blanco, na sua volta a competición, proclamábase campioa de Galicia 2023 en -52 kilos tras gañar os seus dous combates por ippon, (oponente cae de costas ou inmovilización de 20 segundos).
Ambas judokas adicáronlle a medalla a súa compañeira Aroa, que non puido estar o permanecer lesionada.
-Fotos : Pedro Pazos
-Texto : Xosé Búa “Pirata”