-A JUDOKA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, COLÓCASE EN ZAGREB ANTRE AS 10 MELLORES JUDOKAS DA SUA EDADE EN EUROPA, E O CARBALLÉS RAÚL PONTE SUMABA UN BRONCE NO CAMPIONATO GALEGO.

Lucía en Croacia.

 

Se a pasada semana a judoka muxiana de Merexo, Lucía Pazos completaba un gran europeo en Fuengirola e sumaba puntos para o ranking internacional cun 7º posto, desta volta a cita era na cidade croata de Zagreb.

A judoka muxiana que segue sumando éxitos, competía Copa de Europa na categoría de -57 Kgs, con rapazas da República Checa e Polonia, as que derrotaba e logo caía ante as participantes de Eslovenia e Alemania. No europeo de Zagreb participaron as mellores judokas do continente e Lucía queda situada na 9ª posición no ranking de Europa e suma puntos para o rankig mundial para acceder o Campionato de Europa da sua edade.

Lucía volta a competición en Portugal

O vindeiro 25 de Marzal a merexana terá unha cita de novo da Copa de Europa na cidade portuguesa de Coimbra, coa Selección Galega de Judo, será na categoría superior a dela, a Sub 21.

 

 

Raúl Ponte bronce en Fene 

O carballés Raúl Ponte, compañeiro de Lucía Pazos no Club Judo carballo, disputou en Fene o Campionato Galego Sub 21, ainda que o rapáz é de edade cadete, foi quen de sacar un bronce tras gañar 4 combates por ippon e caía na semifinal contra o que sairía campión.

A proxima cita para Raúl será no Sector Oeste, contra rivais de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León.

-Foto : Judo Club Bergantiños

-Texto : Xosé Búa “Pirata”