Lucía felíz co novo éxito acadado.
Lucía Pazos Trillo, yudoka muxiana de Merexo ven de sumar un par de vitolas máis aos seus éxitos, tanto a nivel galego, como a nivel nacional, como internacional.
A merexana que compite co Judo Club Bergantiños, facíase co Campionato Galego Cadete no peso de 57 kilos en Compostela. Ademáis proclamouse campiona a semana pasada do Sector Oeste, contra rivais de Castela-León, Cantabria, Asturias e Galicia, acadando unha praza para o Campionato de España Junior. Un campionato no que arrasou a pesares de ser a máis nova da competición.
Tal e como nos informan dende o seu entorno este era : “Un trofeo que se lle resistía, antes da pandemia quedou subcampeona, no 2020 ó campionato foi suspendido pola pandemia, e o ano pasado non puido competir por mor dunha lesión, pero hoxe traémolo para casa”.
A nosa máis cordial noraboa para Lucía, que segue a levar ao máis alto o nome de Muxía e da Costa da Morte.
-Foto : Pedro Pazos
-Texto : piratasdemuxia