A JUDOKA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, ALCANZA UN MERITORIO 9º POSTO NO CAMPIONATO INTERNACIONAL DE COIMBRA.

Lucía Pazos en Coimbra.

 

A xove judoka muxiana, Lucía Pazos, acadou este pasado fin de semana un meritorio 9º posto no Cadet European Judo Cup, celebrado na cidade portuguesa de Coimbra.

Lucía que participou na categoría de -57 kilos, participou ca Selección Galega, neste importante torneo ionternacional que acolle a delegacions de 24 paises cun total de 298 participantes.

A deportista de Merexo, tras comezar ben, perdeu contra unha participante italiana por un golpe de mala sorte, e logo fixéronlle un “ippon”, bastante dubidoso. Logo non tería sorte trala repesca.

-Foto : Miriam Trillo

-Texto : piratasdemuxia