A JUDOKA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, A MELLOR DEPORTISTA DA COSTA DA MORTE NO 2023.

 

A judoka muxiana, Lucía Pazos Trillo, (Merexo-Muxía 10/03/2006), é sen dúbida de tódolos/as deportistas das que demos información, a mellor do 2023, polos seus logros a nivel galego, nacional e internacional sobre un tatami.

Lucía comezou a practicar o judo de nena no Colexio de Os Muiños, (Muxía), como actividade extra escolar. Estivo a piques de deixalo con 11 anos, xa que era a maior dos que estaban nesta actividade deportivo e aburríase. Para evitar isto o seu adestrador comezou a levalos a competicións e liguillas que organizaban en Coristanco, Camariñas, Carballo, Ferrol… e empezou a adestrar tamén no Club de Judo Bergantiños, e de aí ao que temos hoxe, a deportista máis senlleira da Costa da Morte, representando a Muxía, e a toda a nosa costa a nivel galego, español e internacional. Auguramos para ela un 2024 mellor, para unha rapaza que leva tempo competindo sempre en categorías superiores a da sua edade, e porque non soñar, vendo os seus logros igual co tempo a vemos nunhas olimpiadas.

A judoca merexana adestra 16 horas semanis, das que 15 son no Centro de Tecnificación de Pontevedra, a outra hora faino en Carballo, no Club Judo Bergantiños. Esto durante o curso escolar. A isto hai que sumarlle competicións, concentracións e stages. Ademáis de adestramentos extraordinarios para preparación de competicións que soen ser os sábados. O pouco tempo que está na casa soe utilízalo para descansar. As veces vai andar ou correr .

Esta semana martes e mércores estivo indo a entrenar ó ximnasio  coruñes Fibra e xoves me venres estivo convocada pola Federación Galega para as xornadas internacionais de Judo Nadal 2023,  judo inclusivo, judo femenino, que se celebraron no Liceo la paz, da Coruña.

 

En Xixón non acadou o ouro por milésimas de segundos.

 

Os logros de Lucía Pazos no 2023

19 febreiro : 7ª na Copa de Europa cadete de Fuengirola.
11 e 12 de marzo :  9ª na Copa de Europa de Croacia en Zagreb
24 e 26 de marzo : 9ª na Copa de Europa Junior de Coimbra (sendo cadete)
15 de abril : 7ª no Campeonato de España Junior en Arganda del Rey – Madrid (sendo cadete)
29 abril : Subcampióna de España cadete

6 maio : Subcampeona Copa de España Junior de Ourense
28 maio : Copa de Europa cadete Coimbra
17 xuño : 5ª na Supercopa de España Junior en Cáceres
23 de setembro :  Bronce na Supercopa de España Junior en As Palmas de Gran Canaria
21 outubro : Bronce no Campionato Galego Absoluto
12 novembro : 5ªª no Sector Noroeste Absoluto
26 novembro : Prata na Supercopa Junior de Xixón 

Acabou a temporada cadete como 1ª do Ranking Galego en -57 kg

 2ª no Ranking Galego Junior -57 kg
 5ª no Ranking Galego Absoluto, (sendo a mais nova con diferencia)
 3ª no Ranking das Copas de España Junior.

-Foto : Pedro Pazos/Club Judo Bergantiños

-Texto : Xosé Búa “Pirata”