A JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, VOLVEU A METERSE ANTRE AS 10 PRIMEIRAS DE EUROPA A PESARES DE COMPETIR NUNHA CATEGORÍA SUPERIOR A SUA EDADE.

Lucía en Coimbra.

 

Terceira cita europea para a judoca muxiana de Merexo, Lucía Pazos, e de novo antre as 10 mellores de Europa. Lucía que a nivel galego e nacional xa ten unha morea de medallas, ainda non foi capáz de acadala a nivel internacional, pero as cousas pintan moi ben. A pesares de competir en categoría xunior, sendo ela cadete, acadou un 7º posto no campionato internacional de Fuengirola, un 9º no de Zagreb, (Croacia), e repiteu 9º posto no que se celebrou esta pasada fin de semana en Coimbra, (Portugal).

A judoca, que foi ca Selección Galega e que compite a nivel clubes co Judo Club Bergantiños, quedouse a un só combate de loitar polas preseas, pero segue a sumar puntos no ranking europeo, e con moi boas prestacións sobre o tatami. Agora o seu prímo compromiso é o Campionato de España Xunior de Aranda del Rey, (Madrid), o 15 de Abril, no que parte como terceira no ranking nacional, e o Campionato de España Cadete o 29 de Abril, en Madrid, e no que xa ten clasificación direta.

A merexana foi campiona galega cadete e xunior no 2022 e bronce no Campionato de España Cadete.

-Foto : Judo Club Bergantiños

-Texto : Xosé Búa “Pirata”