A JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, SUBCAMPIONA DE ESPAÑA NO CAMPIONATO CELEBRADO EN MADRID.

Lucía Volve a colgarse unha medalla.

 

A muxiana de Merexo,  Lucia Pazos subcampiona de España de judo cadete na categoría de -57 kg, no pavillón madrileño de Gallur, nunha xornada moi complicado polas altas temperaturas cunha calor insoportable que segundo nos comentan, “parecía máis o unha sauna que un pavillón”.

A primeira rival da de Merexo foi nha andaluza, a que deixo fora pola vía rápida, nun combate de 50 segundos. En maior ou menort medida foi desfacéndose de rivais, sempre por  “ippon”, en combates rápidos, ata chegar a final na que se mideu a unha representante valenciana e ante a que nun combate a cara de can Lucía caía derrotada, pero ca sensación de que pode chegar a ser campiona de todo o que se plantexe.

Unha vez máis a nosa noraboa a Lucía por este novo éxito para ela, para os seus, para o seu clube o Judo Club Bergantiños, para Muxía e para a Costa da Morte.

-Foto : Pedro Pazos

-Texto : Xosé Búa “Pirata”