A “JUDOCA” MUXIANA LUCÍA PAZOS RECIBEU A VISITA DO CAMPIÓN DO MUNDO DE IUDO, NIKOLOZ SHEREAZADISVILLI, NO CENTRO DE TECNIFICACIÓN DE PONTEVEDRA.

Lucia Pazos con Nikoloz Shereazadisvilli.

A iudoca muxiana de Merexo, Lucia Pazos, tivo a oportunidade de departir con Nikoloz Shereazadisvilli, primeiro campión do mundo de judo español e actual número 1 do mundo na categoria -90kg.

O encontro da xove promesa galega co campión do mundo, tivo lugar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra onde Lucia, atópase estudando e adestrando esta tempada.

Nikoloz Shereazadisvilli, xeorxiano de nacemento, (TífilisXeorxia 19/02/1996),  que que chegar con 14 anos a Madrid con toda a sua familia e comezar a adestrar en Brunete, (Madird), co atleta español Joaquín Ruíz, acadou a nacionalidade española e decideu competir baixo o palio español, convertíndose en subcampión do mundo nos anos 2014 e 2015, para no 2018 acadar o ouro no mundial de Bakú, (Azerbaiyán), tras acadar un bronce no europeo do mesmo ano en Tel-Aviv, (Israel).

O hispano-xeorxiano de seguro que é todo un referente no que mirarse para a atleta muxiana, que a pesares da sua corta idade xa sabe o que é estar no máis alto a nivel español.

-Foto : Ali Trillo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies