A JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, PRATA NA SUPERCOPA DE ESPAÑA XUNIOR DISPUTADA EN XIXÓN.

Lucia Pazos, primeira pola esquerda.

 

Lucía quedouse a unha milésima do ouro

A judoca muxiana de Merexo, Lucía Pazos acadou prata na “X Supercopa de España Junior de Xixón 2023” celebrada no Pazo dos deporte “La Guía” de Xixón, situado a carón do mítico Molinón.

A esta Supercopa acudiron mais de 400 deportistas das federacións de Galicia, Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Cataluña, Castela-León, Castela- A Mancha, Cantabria, Estremadura, Madrid ,Murcia, Navarra, A Rioxa, Valencia, Pais Vasco e Portugal.
No peso onde competía Lucía participaron 32 mozas das distintas delegacións.

Tocoulle estrearse con unha representante da delegación portuguesa, Beatriz Filipo, a que venceu por ippom en un combate que durou 13 segundos. No segundo combate a contrincante a bater foi a representante cántabra Bereket Suarez Sánchez á que tamén derrotou por ippom en 48 segundos.

Pasa a semifinais, onde lle toca baterse con outra representante galega, Kautar Samorah Laki, á que vence por ippom despois de 1 minuto e 48 segundos de combate.

Xa na final tería que enfrontarse á deportista madrileña Adriana Saez Hevia que viña de acadar un terceiro posto no campionato do mundo de Zagreb. A pesar do gran nivel da contrincante, a merexana non se achicou en ningún momento pelexando bravamente durante os catro minutos que durou o combate. Rematados os 4 minutos regulamentarios de duración do combate sen gañadora tubo que decidirse no “golden score” onde desta vez a madrileña logrou puntuar primeiro proclamándose campioa.

 

 

-Texto e Fotos : Pedro Pazos