A JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, PRATA NA SUPERCOPA DE ESPAÑA CELEBRADA EN AVILÉS.

 

Lucía sigue sumando títulos.

 

Durante o día de onte celebrouse o “XXI Internacional Villa de Aviles”, unha das supercopas de judo con máis nivel da tempada en España e neste escenario brilou de novo a super deportista muxiana, Lucía Pazos, que tras dous bronces nos pasados campionatos, acadou unha prata, gañando 4 combates por ippon con gran superioridade, e caendo somentes derrotada ante a número 1 da clasificación nacional na final.

Lucía participou da man do Judo Club Bergantiños, segue escalando postos na clasificación nacional colocándose segunda. Do clube carballés tamén participou e Raúl Ponte.

Raúl realizou tres combates gañando dous por ippon e cedendo pola mínima no terceiro sen opción de repesca.

 

Lucía no podio, primeira pola esquerda.

-Foto : Judo Club Bergantiños/Pedro Pazos

-Texto : piratasdemuxia