A JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE JUDO CELEBRADO EN PAMPLONA.

Lucía ca sua presea de bronce.

 

A muxiana Lucía Pazos Trillo disputou este pasado sábado o Campionato de España de Judo, celebrado en Pamplona. A rapaza de Merexo segue a sumar éxito tras éxito e desta vez trouxose para casa a medalla de bronce na categoría cadete de -57 Kgs. Tamén compiteu neste torneo a sua compañeira de clube, Aroa Balnco, que acadou un brilante 7º posto neste gran nivel.

Nun campionato de tremendo nivel, nunha xornada de infarto, tras perder o primeiro combate con unha das finalistas, logrou repescar podendo así optar ó bronce, vencendo en todos os combates, o derradeiro deles co que gañaría o bronce por un “ippón” fermosísimo.

A judoca merexana volveu a trunfar, e non se pode falar máis ca dunha realidade do judo galego, o alto nivel que ven amosando xa dende moi neniña, e quen sabe, quizais en poucos anos poderemos vela, (e desexamos vela), nunhas olimpiadas, ou en campionatos internacionais.

Agora a sua vindeira cita é a Copa de España que se celebrará proximamente en Ourense, e na que competirá na categoría Junior, na que xa trunfou fai poucas semanas en Lugo, no Sector Noroeste, onde tamén se colgou unha presea, a pesares de competir con rapazas maiores ca ela.

Dende piratasdemuxia.es, unha vez máis a nosa noraboa polo éxito conseguido, que ademáis foi a primeira a nivel estatal para o Club de Judo Bergantiños, pois os outros que ten foron a nivel Selección Galega.

-Foto : Pedro Pazos

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies