A JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CELEBRADO EN CÁCERES.

Lucía Pazos, todo un talento sobre o tatami.

 

A muxiana de Merexo, Lucía Pazos Trillo, non para, e ven de gañar, no día de onte, a medalla de bronce no Campionato de España de Judo, celebrado en Cáceres. A judoca muxiana compiteu na categoría de -57 kgs Junior, e tras 5 combates, quedouse as portas de loitar polo ouro. Esta é a segunda presea que colle Lucía nesta categoría, na que fai unhas semanas acadaba a prata en Ourense.

Lucía, integrante do Judo Club Bergantiños, todo un talento sobre o tatami, suma éxito tras éxito, dando un alto nivel, que segue a crecer, segundo os seus adestradores.

Tamén acadou presea de bronce, Anderson, do Club Judo Arteixo, (que para a vindeira semana competirá no europeo), e un meritorio 5º posto, tamén para o galego, Fran Lacone, que vista a sua competición, soubolle a pouco.

-Foto : Pedro Pazos

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies