A JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, ACADA O BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CELEBRADO EN CANARIAS.

Lucía, (centro da imaxe), coas medallistas.

 

Segue a sumar títulos e méritos a judoca muxiana de Merexo, Lucía Pazos. A xove deportista compiteu na Copa de España “A”, en Tenerife , na categoría Cadete -57. O evento deportivo celebrouse na localidade tinerfeña de Granadilla de Abona.

Lucía compiteu contra duas adversarias canarias, para plantarse en semifinais, vencendo as duas por “ippon”. Xa nas semifinais caería ante unha rival, tamén das illas, para enfrontarse a unha compatriota galega na loita polo bronce, que se levaría a muxiana.

Con este novo trunfo, Lucía afianza a sua posición no ranking español, para a Copa de España do 2023. Agora durante o parón polas festas do Nadal, a deportista de Merexo viaxará ao Trainning Camp da Selección Galega de Judo, con varias compañeiras/os do Judo Club Bergantiños.

 

Podio completo de Canaris, con Lucía, (3ª pola esquerda).

 

-Foto : Pedro Pazos

-Texto : piratasdemuxia