A “IX XORNADA SOLIDARIA 5 CORUÑA FUTBOL SALA” BATE RECORDS: 1.411 KG DE ALIMENTOS E 742 XOGUETES EN FAVOR DE CÁRITAS

 

Un total de 1.411 quilos de comida e bebida e 742 de xoguetes é a recadación da campaña do Nadal posta en marcha polo 5 Coruña Futbol Sala.

Os alimentos e xoguetes xa se entregaron a Cáritas Coruña para que os facilite ás familias o 4 de xaneiro.

A situación actual derivada do Covid-19 afectou ao desenvolvemento de múltiples actividades propostas polos clubs desde o pasado mes de Marzo. Moitas tiveron que ser canceladas, e outras reinventarse para poder levalas a cabo, como foi este ano a IX Edición das Xornada Solidaria 5 Coruña Futbol Sala.

Esta xornada deportiva e solidaria que habitualmente se celebraba no Palacio dos Deportes de Riazor durante os últimos 8 anos, nun formato baseado na organización de partidos de exhibición, actividades multideporte, talleres de postais do Nadal e actividades orientadas á tecnificación do futbol sala. A Xornada Solidaria do 5 Coruña Futbol Salga nunca pretende ser unha competición propiamente, senón un espazo no que compartir e colaborar a través do deporte, e neste caso a través do futbol sala. O número de participantes normalmente superaba os 300-400 participantes, unha cifra imposible de xuntar nunha soa instalación durante unha mesma xornada na actualidade.

Levar a cabo este formato este nadal antollábase imposible, pero se por algo se caracteriza o 5 Coruña Futbol Sala é por non renderse ante as adversidades. O club entendía que o seu deber era darlle unha volta de porca para que nun ano tan complicado para todos, non deixar aparcado o seu deber social como club, senón que o obxectivo que se propuxo o club era o de superar as cifras de recadación de comida e xoguetes de anos anteriores para poder chegar a un maior número de familias.

Para lograr este obxectivo, o club organizou unha serie de xornadas solidarias que o club denominou “Adestramentos Solidarios”. O obxectivo destes adestramentos estaba enfoncado en recadar alimentos e xoguetes mentres os xogadores e xogadoras das distintas categorías do club realizaban as súas sesións de traballo semanais. Todos os membros do club sumáronse á causa, e entre todos achegaron o seu granito de area para axudar. Todos os pais envorcáronse e mesmo familiares dos nenos achegáronse para realizar as súas doazóns de alimentos e xoguetes.

Os “Adestramentos Solidarios” tiveron unha duración dun mes, durante as 2 primeiras semanas recolléronse alimentos nos perecedoiros. E durante as 2 semanas seguintes recolléronse xoguetes para que ningún neno quede sen agasallos este nadal. Desde Cáritas Coruña indicouse a importancia de que os xoguetes fosen novos, e que non se entregasen envolvidos en papel de agasallo para facilitar o labor de distribución dos mesmos.

As cifras que o club manexaba da edición de 2019 durante a VIII edición da Xornada Solidaria ascendían a 726 Kg de alimentos e 392 Xoguetes. Superar esas cifras era o obxectivo deste ano.

O tesón e solidariedade de moita xente fixeron posible alcanzar unhas cifras de récord, 1411 Kg de comida e 742 xoguetes nesta IX edición.

Son varias as entidades que se sumaron a este proxecto, e axudaron a conseguir estas cifras, por iso o 5 Coruña Futbol Sala quere agradecer a axuda a clubs como o Club Maristas Coruña, Viaxes Amarelle FSF, Escola Futbol Novo Mesoiro e o club Portazgo SD.

Durante esta edición entre xogadores e técnicos, colaboraron 643 participantes.

En palabras do seu presidente Óscar Medín Figueroa, “#Ante as adversidades debemos tentar superarnos. E estamos moi orgullos de toda a axuda recibida, para nós é o mellor agasallo de Nadal posible. Gustaríame agradecer en nome do club a todas as persoas e entidades que o fixeron posible.”

A pesar das adversidades actuais o club coruñes non dubidou en continuar sacando adiante unha das súas accións sociais máis sinaladas, un proxecto solidario que veu para quedar.

 

-Foto e Texto : Academia Red Blue 5 Coruña


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies