A IUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, PRATA NO TORNEO INTERNACIONAL DE JUDO DE COIMBRA. A CORISTANQUESA NAIRA BLANCO QUEDOU NUN EXCELENTE 5º POSTO.

Lucía Pazos, posando ca presea de prata.

 

A muxiana de Merexo, Lucía Pazos, e a coristanquesa Naira Blanco participaron esta pasada fin de semana coa Selección Galega de Iudo ao Torneo Internacional  de Coimbra. 

A muxiana Lucía Pazos acadaba a presea de prata en -57 sumando duas vitorias para plantarse na final, na que caía derrotada porla representante da Repúbrica Checa. Esta era a primeira competición para Lucía na categoría cadete.

Pola sua parte a coristanquesa Naira Blanco, compañeira de Lucía no Club de Judo Bergantiños, conseguía un excelente 5º posto, facendo así ambas un moi bo campionato e levando o nome dos seus pobos, e da Costa da Morte a un gran nivel.

 

Lucía Pazos, primeira pola esquerda no podium portugués.

 

Naira e Lucía ante o cartel do torneo portugués.

 

-Fotos : Pedro F. Pazos

-Texto : piratasdemuxia