A INICIATIVA DE TOURIÑÁN PARA PATROCINAR AOS CANTEIRÁNS DEPORTIVISTAS NOEL E TRILLI SOBREPASA O LÍMITE DO ÉXITO ROTUNDO.

 

No día de onte o humorista galego, Xosé Manuel Touriñán lanzaba unha idea nas redes, a de patrocinar ó canteirán deportivista Noel, coa nova maneira de recaudar que ten o RC Deportivo, poñendo publicidades individuais aos xogadores enriba dos seus nomes.

A idea de Touriñán era a de poñerlle : “Un dos meus”, en troques dunha casa comercial e lanzou a proposta abrindo unha conta de “croufinding”. Se non chegaba o que se recaudara o propio Xosé Manuel, dixo que o aportaría é, pero cal foi a sorpresa cando as 2 horas de iniciar a recadación a cantidade xa sobrepasaba os 12.000 euros, 2 mil máis do que cobra o clube por estes patrocinios, e dado que estaba cuberto o patrocinio para Niel, continuouse co mesmo para o lateral dereito, Trilli, e nunha hora máis xa se sobrepasaban os 20.000 euros.

“Bendita locura ser do Depor”, din e decimos moitos deportivistas. Cando hai que turrar turramos todos e se queres que se sigan patrocinando máis canteiráns entra a colaborar en : https://undosmeus.gal/

Tremenda a idea de Xosé Manuel Touriñán e tremanda a resposta por parte do deportivismo, que amosa o grande que é e que ten ese clube.

Antre os qe colaboren haberá premiso, como unha cea con Touriñán, unha camiseta firmada por Noel, e por consiguente por Trilli, houbo dos dous socios de honra que foron Peña Deportivista de Verín e o futbolista Uxío dá Pena, (exdeportivista, agora no Bergantiños), que terán unha entrada no palco de honra para un partido. Outros premios son a presenza na presentación do patrocinio con Noel e Trilli e tamén a pé de campo no partido patrocinado, unha entrada dobre para un espectáculo de Touriñán na Coruña.

-Foto : Xosé Manuel Touriñán

-Texto : piratasdemuxia