A GARDAMALLAS NOELIA BERMÚDEZ PRIMEIRA FICHAXE DO DEPORTIVO FEMININO 2010/21.

 

María Noelia Bermúdez Valverde (Ciudad Quesada, Costa Rica, 20 de setembro de 1994) será nova gardameta do Deportivo ABANCA para a temporada 2020-2021.

Noelia Bermúdez chega procedente do Liga Deportiva Alajuelense do seu país, equipo polo que fichou a comezos deste mesmo ano. En 2019 militou no Deportivo Saprissa, club co que xa xogara entre 2012 e 2016 e co que alcanzou o subcampeonato nacional en decembro pasado, ao perder a final precisamente fronte ao Alajuelense.

Con anterioridade, Noelia Bermúdez adquiriu unha ampla experiencia na Primera Iberdrola. Na división de honra española xogou durante dúas temporadas e media. A porteira incorporouse ao Levante UD en xaneiro de 2016. Após campaña e media no cadro azulgrana, en xullo de 2017 fichou polo Valencia CF Femenino. A gardameta abandonou a cidade do Turia no verán de 2018 para regresar ao seu país, onde fichou polo UCR (Universidad de Costa Rica).

Internacional absoluta desde os 18 anos, coa selección costarriqueña participou no Mundial de 2015, celebrado en Canadá. Un ano antes formou parte do seleccionado ‘tico’ que disputou a Copa do Mundo Sub-20, tamén no país norteamericano.

O Dépor ABANCA segue dando forma ao seu cadro de cara ao próximo exercicio. A chegada de Noelia Bermúdez súmase ás renovacións durante as últimas semanas de Sullastres, Peke, Athenea, Cris, Alba Merino e Noelia Villegas.

 

Foto e Texto : RC Deportivo

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.