A segunda xornada da Liga de Futsal Senior de Cee, disputada entre o luns 27 e o mércores 29 de outubro no Pavillón Polideportivo ceense, deixou espectáculo e moitos goles, cunha loita pola cabeza que promete ser apaixonante.
A Fontana, vixente campioa, non deu opcións ao Buen Camino e impúxose cun rotundo 17-3, mantendo o pleno de vitorias e un inicio de liga demoledor, con 23 goles a favor en dous partidos. O seu dianteiro Bruno segue intratable, liderando a táboa de máximos goleadores con 10 dianas.
Pola súa banda, Wash & Relax FS respondeu á goleada do campión cunha actuación tamén contundente. Gañou por 11-4 ao Batifondo, confirmando o seu excelente momento ofensivo (24 goles marcados) e conservando o liderado pola diferenza de tantos. Completa o trío dos que teñen pleno de vitorias o , Nueva María Teresa que venceu por 2-0 a Altamira FS, nun duelo máis táctico e defensivo.
Nun encontro moito máis axustado, Atlético Raíces superou por 2-3 a Panadería Pichín, sumando os seus primeiros puntos da tempada.
Resultados
Luns 27 de outubro
-
A Fontana 17-3 Buen Camino
-
Panadería Pichín 2-3 Atlético Raíces
Mércores 29 de outubro
-
Wash & Relax FS 11-4 Batifondo
-
Nueva María Teresa 2-0 Altamira FS
Clasificación
-
Wash & Relax FS – 6 puntos (+20)
-
A Fontana – 6 puntos (+18)
-
Nueva María Teresa – 6 puntos (+3)
-
Altamira FS – 3 puntos (+3)
-
Atlético Raíces – 3 puntos (-3)
-
Panadería Pichín – 0 puntos (-3)
-
Batífono – 0 puntos (-16)
-
Buen Camino – 0 puntos (-27)
Máximos goleadores
-
Bruno (A Fontana) – 10 goles
-
Mario Ferreiro (Wash & Relax) – 5 goles
-
J. Martín Carreido (Wash & Relax) – 5 goles
-
Iván Elvira (A Fontana) – 5 goles
Porteiros menos batidos
-
Bueno (Nueva María Teresa) – 2 goles encaixados
-
Pablo Jorge (Wash & Relax) – 4
-
Omaros (Altamira FS) – 5
-
Dudu (A Fontana) – 5
Deportividade
O liderado na clasificación da deportividade é para o Batífono, que encabeza a lista de equipos con menos cartóns recibidos ata o momento.
Vindeira xornada
-Foto e información : Javi “Marroko”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”





