A FINALÍSIMA DA “COPA DA COSTA DE VETERANOS” VOLVE AO XAVIÑA ESTE VINDEIRO DOMINGO CUN DUELO DE SANTOS.

O “Xaviña” de Buño volve a albergar a final de Veteranos.

 

Este vindeiro Domingo 26 de Xuño, a partires das 11:00 horas, volve a Gran Final da “Copa da Costa de Veteranos” ao Xaviña de Buño.

Nela enfrontaranse dous equipos con nome de Santo, o ACD San Román, da Laracha, e o SD San Lorenzo, de Verdillo.

Boa elección pola proximidade da afección dos dous equipos, que de seguro fará que o campo “oleiro” luza, como xa o facía cando a Liga da Costa de Veteranos era levada polos propios equipos costeiros, con Modesto Parga como cabeza visible de presidente.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es