Este mediodía, a partires das 13:15 horas terá lugar en El Ejido, (Almería) a Gran Final do Campionato de España de Seleccións Territoriais, un choque no que se disputarán o título a Selección de Galicia e a de Cataluña, no apartado de alevíns.
Os galegos chegaron a finalísima despois de deixar na cuneta as seleccións de Murcia, Aragón e Castilla-La Mancha. Os cataláns derrotaban en semifinais a Madrid. Na selección galega, tal e como vos apuntábamos, temos como representante da costa ao muxián, Raúl Lema, xogador do equipo costeiro de futsal, Fisober FSF, e en fútbol do RC Deportivo alevín.
O encontro que comezará ás 13:15 horas, será televisado na canle da web da Real Federación Catalana de Fútbol Sala, co sistema de vídeo Vimeo.
Neste enlace podes seguir o encontro tras rexistrase sen compromiso : PREME AQUÍ.
-Foto : RFGF
-Texto : piratasdemuxia