A FINAL DA “LIX COPA DA COSTA” E A “COPA DA COSTA FEMININA”, DISPUTARANSE NO “A ARLIÑA” DE MUXÍA.

Medios extranxeiros catalogaron o “A Arliña” un dos campos máis fermosos de España pola sua ubicación.

 

A RFGF ven de anunciar que o Campo da Arliña será o escenario da final da “LIX Copa da Costa” que disputarán o CF Porteño e o CF Dumbría o vindeiro Domingo 2 de Xuño do 2024 ás 17:00 horas. Os dumbrieses buscarán sumar a sua cuarta copa costeira e os porteños a sua segunda.

Ese mesmo día ás 11;30 horas xogarase a Final da Copa da Costa Feminina na que o Xallas e o Dumbría buscarán alzar o título. Horario e data non gusta moito, pois as rapazas merécense un día e unha hora en especial para elas neste mundo no que queremos a igualdade.

Por fin o campo muxián un dos mellores da costa ten unha final da Copa da Costa, xa que ata o de agora non mereceu unha. 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”