O “San Andrés” visto a vista de dron, (Foto : Concello de Zas).
A Gran Final da “Copa da Costa Xuvenil” e a Infantil no “San Andrés” de Zas
A RFGF deu por rematado o encontro antre o Corme CF e o SD Sofán no “Carral” do pasado sábado, que era suspendido no minuto 85 co resultado de 2-3 para os croemláns que xa gañaran na ida 5-1. O motivo foi que antre 3 expulsados e varios lesionados o equipo sofaniusta quedaba sen o número regulamentario de xogadores para seguir disputando o encontro.
Corme CF e Outes CF dirimirán no flamante céspede do “San Andrés” de Zas quen será o que se leve o cetro de campión da “Copa da Costa Xuvenil 2018/19”.
O campo zacense foille remozado fai unhas semanas o tepe, cun céspede artificial de primeira xeración cunha inversión de máis de 170.000 euros e nél xogouse o pasado Domingo a final da “Copa da Costa de Veteranos” que se levou o San Lorenzo ante o San Roman gañando pola mínima, (0-1). Tamén se xogará a final de infantís no campo zacense dende ás 11:30 horas do mesmo sábado.
Gran Final “Copa da Costa Xuvenil”
Outes CF-Corme CF
Día : sábado 22/06
Campo : San Andrés
Hora : 18:30
Gran Final “Copa da Costa infantil”
Xallas FC-ED OS MIÚDOS
Día : sábado 22/06
Campo : San Andrés
Hora : 11:30
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR