A FINAL DA “COPA DA COSTA CADETE” ESTE SÁBADO NO “AGRA DE FILGUEIRA” DE MONTE LOURO.

Muxía e Cerqueda loitarán polo cetro dos cadetes.

 

Este vindeiro sábado 28 de Maio terá lugar a disputa da final da “Copa da Costa Cadete”, antre o Muxía CF e o UD Cerqueda, no “Agra de Filgueira” de Monte Louro a partires das 12:30 horas. A tenor do sentir dos afeccionados que nos escribiron de ambos equipos, escenario moi mal elixido, tendo en conta o lonxe de ambas localidades, totalmente en contra dos afeccionados a hora de poder desprazarse a animar aos seus nenos.

O Muxía CF chega a esta final tras desfacerse en Cuartos do UC Cee, que xa viña dunha previa na que derrotou ao SD Sofán por 1-0. No encontro de ida, no “San Paio de Refoxos” vencían os muxiáns por 0-1, e na volta caían os ceenses tras empatar a uns, (1-1) na Arliña. Nas Semifinais os da Vila da Barca derrotaban en feudo muxián ao Xallas FC por 3-1, volvendo a gañar na volta, xa en terras xalleiras por 1-3.

Pola sua banda o UD Cerqueda en Cuartos deixaba fora ao Outes CF, tras vencer na ida, na Serra, por 2-3, e na volta empatar a uns, (1-1). En semifinais os cerquedenses derrotaban ao ED Os Miúdos, 1-0 na ida, e empatar a uns na volta, (1-1).

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies