A FIN DE SEMANA DA ROMARÍA DA BARCA COMEZA A 3ª DA COSTA 2025/26 CON 15 EQUIPOS EN LIZA.

A 3ª da Costa ao igual ca Liga da Costa arrinca o 14 de setembro coincidindo coa Romaría da Barca

A 3ª da Costa, oficialmente Terceira Futgal Grupo 4, bota a andar o vindeiro 14 de setembro de 2025, unha data moi especial para toda a comarca xa que coincide coa celebración da Romería da Virxe da Barca en Muxía, declarada de interese turístico nacional no 1989. Cada ano esta cita festiva mobiliza a milleiros de persoas e supón un condicionante claro para os equipos costeiros, que deben compaxinar fútbol e tradición nunha das fins de semana máis intensas do calendario estival.

15 equipos, un descanso por xornada

Esta tempada serán 15 os equipos participantes, polo que en cada xornada haberá un club que quede sen xogar. A competición desenvolverase ao longo de 30 xornadas, ata o 17 de maio de 2026, data na que se pechará a fase regular antes de dar paso á loita polo ascenso.

Destacar que o Concello de Cee contará con 3 equipos representantes, UC Cee, Atlético Pereiriña e Inter de Brens, o que dará moita emoción aos enfrontamentos antre eles. Tamén hai que destacar que o final o Bergantiños B non foi aceptado polos clubes da costa en votación e foi incluido no Grupo 3, co Mesia, Abella, Vizoño, Cercedense, Aranga, Teixeiro, Sobrado, Carral B, San Martiño…

Sistema de ascenso

  • Subida directa: os dous primeiros clasificados ao remate da liga ascenderán directamente á Liga da costa.

  • Promoción: do 3º ao 6º posto xogarán unha promoción interna que decidirá outro ascenso, engadindo emoción á recta final.

Primeira xornada (14/09/2025)

A estrea da competición chega cargada de encontros interesantes:

  • S.D. Oza – C.D. Baiñas

  • Buño S.D. – Inter de Brens

  • Atlético Pereiriña F.C. – Lira C.F.

  • S.D. Laxe – Muxía C.F. “B”

  • Camelle S.D. – U.C. Cee

  • Sporting Seaia C.F. – U.D. Cerqueda

  • S.D. Coristanco – C.D. Nantón

  • Volantes de Baño F.C. → Descansa

  • PREME AQUÍ para ver o calendario completo.

Unha liga con moita tradición

A chamada popularmente 3ª da Costa mantén viva a esencia do fútbol modesto, con derbis veciñais, rivalidades históricas e campos cheos de afección e paixón. O impacto da Romaría da Barca nesta primeira xornada non fai máis que remarcar a forte ligazón entre o deporte e a cultura da Costa da Morte.

Agora só falta que role o balón e que os 15 equipos comecen a escribir unha nova páxina na historia desta liga tan especial.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”