O próximo 30 de abril volta o “Día das peñas”. Será a partir das 13:30 horas na rúa Almirante Cardaso, (detrás de Tribuna de Riazor). Este ano contará con 5 grupos que actuarán antes e despois do partido ante o UD Logroñés. Os grupos son : Salamandra, Mar de Fondo, La piel del Oso, The Homeless e Virtual Project.
Ademais, haberá, “Cantos de Taberna”, con grupos cantando en distintos locais hosteleiros que colaboran neste día. Se algún grupo quer apuntarse poderá facelo contactando ca Federación de Peñas.
Ademais, infórmannos dende a Federación de Peñas que o clube poñerá a disposición da mesma entradas a 5€ pro partido de ese día contra o UD Logroñes (19:00 horas). Todalas peñas que precisen entradas poderán facer pedido nos próximos días.
Tamén informan dende a Federación de Peñas Deportivistas, de que para festa, estará unha carpa con churrasco e polbo, ademáis de para servir bebidas para o o disfrute do deportivismo.
-Fotos : Federación de Peñas Deportivistas
-Texto : piratasdemuxia/Federación de Peñas