A FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS SOLICITOU ENTRADAS PARA O ZAMORA-DEPOR DO VINDEIRO DÍA 10.

O “Ruta de la Plata” ten capacidade para 7.813 espectadores, se non houbese restriccións.
.
A Federación de Peñas Deportivistas falou co clube para ver a posibilidade de conseguir entradas para o partido contra o Zamora, do vindeiro 10 de Xaneiro no Estadio “Ruta de la Plata” a partires das 17:30 horas, (16:30 GMT).
O ente federativo deportivista está a espera de que o Zamora lles conteste, que non será antes do partido que teñen de copa entre semana.
.
Pancarta no Estadio
Os membros da federación que falaron co club deportivista tamén lle comentaron sobre a posibilidade de colgar unha pancarta grande no estadio cos nomes das peñas que compoñen a federación, para que todas as peñas estean representadas. A pancarta sería sufragada pola federación.
.
Novos membros na diretiva
Dende a federación comunicáronnos que incorporaron a dúas persoas máis na diretiva, dúas persoas que axudarán ata que se poida realizar unha asamblea, a cal que será convocada cando a situación  sanitaria mellore, e a xente poida asistir sen ningunha limitación nin restriccións de mobilidade. Os novos membros da diretiva son Patricia da peña “Paixon Blanquiazul” e Salva da peña “Uxes”.
.
-Foto : Wikipedia
-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies