A FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS PRESENTA AS CAMISETAS “UNIÓN E FORZA”.

A Federación de Peñas Deportivistas que prepara algo especial para o derbi do Domingo ás 16:00 horas, (15:00 GMT), e o mesmo tempo ven de presentarnos as 4 camisetas, (masculina e feminina), en dous formatos, “Unión” que custa 10 euros e “Forza” que vale 8, (8 e 6 para os peñistas), e que pronto poderemos lucir.

Segundo nos comentan dende a Federación de Peñas Deportivistas : “Este é un proxecto que con moita ilusión levamos tempo preparando e que o levamos a cabo da man da empresa Acostureira.com. En brve firmaremos un acordo de aquí a final de tempada do cal tamén se poderán beneficiar as peñas. A idea é sacar o noso propio merchandaising e facer cousas exclusivas tentando telo en tendas físicas e on-line”.

 

 

 

 

 

 

-Fotos : Federación de Peñas do RC Deportivo

–Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.