A FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS ORGAÑIZA COS PEÑISTAS O PRIMEIRO PREMIO, “O MELLOR XOGADOR DA TEMPADA”.

Mella foi dos mellores ante o Oviedo.

 

A Federación de Peñas do RC Deportivo, que preside, Luis Martínez, orgañiza o primeiro premio o “Mellor xogador da tempada”. Un galardón que será otorgado cos votos dos peñistas, que votarán cada xornada ao que lles pareceu o mellor xogador, o segundo mellor e o terceiro mellor.

Cada xornada un total de 5 peñas otorgarán 3, 2, e 1 punto aos que consideren merecedores deles polo seu rendemento no campo, para así cando acabe a tempada 2024-25. As 5 peñas que comezarán a votar xa puntuando os mellores do encontro da 1ª xornada, serán por órde alfabético.

 

Derrota do Tenerife ante o Eldense

O debút do ex adestrador do Depor, Óscar Cano foi con derrota en Elda. O Eldense impúxose por 2-1, nun encontro aburrido, cunha primeira metade soporífera e na que os goles arreglaron un pouco o choque.

Este era o derradeiro encontro da 1ª xornada na que se deron estes resultados :

Granada 1-2 Albacete

Mirandés 1-0 Córdoba

Cádiz 0-4 Zaragoza

Ferrol 2-2 Málaga

Eibar 1-0 Castellón

Depor 0-1 Ovedo

Santander 2-2 Almería

Xixón 1-2 Levante

Burgos 3-1 Cartagena

Elxe 0-1 Huesca

Eldense 2-1 Tenerife

A 2ª xornada da competición xa comeza o vindeiro venres ás 19:30 horas co Santander-Eibar, día no que o Depor visita ao Huesca a partires das 21:30 horas, no debút dos deportivistas como visitantes. A xornada remata o luns 26 de Agosto.

 

-Encontros e horarios da 2ª xornada-

Santander-Eibar, ás 19:30 horas do venres 23 de Agosto

Huesca-Depor, ás 21:30 horas do venres 23 de Agosto

Xixón-Eldense, ás 17:00 horas do sábado 24 de Agosto

Ferrol-Granada, ás 17:00 horas do sábado 24 de Agosto

Levante-Cádiz, ás 19:00 horas do sábado 24 de Agosto

Tenerife-Almería, ás 21:30 horas do sábado 24 de Agosto

Málaga-Mirandés, ás 21:30 horas do sábado 24 de Agosto

Albacete-Elxe, ás 19:00 horas do Domingo 25 de Agosto

Castellón-Oviedo, ás 21:30 horas do Domingo 25 de Agosto

Cartagena-Zaragoza, ás 19:00 horas do Luns 26 de Agosto

Córdoba-Burgos, ás 21:30 horas do Luns 26 de Agosto

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies