A FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS ORGAÑIZA ANTRE AS PEÑAS FEDERADAS O “I TORNEO FEPEDEPOR PLAYSTATION FIFA20”.

 

A Federación de Peñas Deportivistas ca colaboración do R.C Deportivo da Coruña orgañiza o “I Torneo Fepedepor de peñas federadas co PlayStation Fifa 20”, que ten un carácter totalmente lúdico e recreativo, para axudar a pasar dun xeito máis ameno estas semanas de confinamento e cuarentena.

Trátase dunha invitación aberta a tódalas Peñas que forman parte da Federación a participar nesta competición virtual, as cales deberán nombrar un representante único por peña, sen límite de idade.

REQUISITOS

Cada Peña que queira participar deberá indicar o nome completo dun xogador que a representa, tendo que ser membro peñista da agrupación en cuestión. Cada Peña só pode ser representada por unha persoa. Asimesmo, haberá que indicar a ID da PS4 ca que se vaia participar. Estos datos pódense cubrir na ficha que aparece máis abaixo.

A inscripcion é gratuita para tòdolos participantes. O prazo para apuntarse comeza o Venres 17 de Abril , vixente ata o Mércores 24.

A participación no torneo supón a aceptación das bases que aquí se expoñen.

REGLAS DA COMPETICIÓN

Unha vez finalizada a recepción das inscripcións, farase o sorteo de emparellamentos tamén dun xeito virtual ca ferramenta de challonge.com . Para o correcto desenvolvemento do Torneo fixaránse horarios que se axeiten ós dous contrincantes.

O modelo de xogo do torneo será o de Partido Único Online, cunha duración de 6 minutos por parte. Se terminara en empate, pásaríase a prórroga e penaltis, evitando o gol de ouro.

Os partidos serán eliminatorios e determinarán o avance de cada equipo na competición.

Para evitar a diferencia de nivel entre equipos, tódalas plantillas poñeránse a nivel medio 85. Recoméndase a elección do Deportivo na elección de equipos dada a natureza do torneo.

Permítese realizar cambios tanto na táctica como dos xogadores sempre e cando o partido esté parado (descanso, faltas,etc) para así non entorpecer o ritmo do torneo.

Para que a idea de pasar unhas xornadas amenas e divertidas poida ser disfrutada por tódolos seguidores, os partidos retransmitiránse pola canle oficial da Federación de Peñas que ten na plataforma YouTube. Os xogadores deberán seguir as pautas para a emisión en directo da cada partido nesa canle, para o que se lle ofrecerá a información necesaria.

PREMIOS

A Organización do Torneo contempla premios para os dous finalistas:

Gañador: Camiseta do RC.Deportivo da Coruña e exención de pago de cuota da Peña para a próxima tempada.

Segundo clasificado: Exención pago da cuota da súa Peña para a próxima tempada e xogo de camisetas #Aunión e #Aforza

Os dous finalistas xogarán cadanseu partido amistoso con dous xogadores da primeira plantilla do R.C.Deportivo da Coruña.

Animamos a todas as Peñas a participar e disfrutar desta iniciativa, esperamos as vosas solicitudes. Asímesmo, aproveitamos para enviarvos un saúdo e aperta grande para levar o mellor posible e entre todos esta pandemia que nos está a afectar.

Os datos ofrecidos polas peñas so teñen carácter identificativo e se usarán exclusivamente para a correcta celebración do torneo. Tal e como reclama o posuidor da licencia do xogo debemos indicar que “nin Electronic Arts Inc. nin os seus licenciantes están afiliados a este torneo e tampouco o partocinan”.

 

 

 

-Texto : piratasdemuxia.es/Federación de Peñas RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.