A FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS NON LLE CHEGARON A NADA AS ENTRADAS PARA LEZAMA O RC DEPORTIVO VENDERÁ HOXE AS QUE LLE CORRESPONDERON.

O deportivismo no falla nunca.

A Federación de Peñas non lle chegaron as entradas
Tras cotexar as peticións das entradas para o partido desta fin de semana en Lezama, a Federación de Peñas Deportivistas tivo que facer reparto equitativo entre todalas peñas que solicitaron, xa que o número de petición foi mas alto que o número de entradas, tal e como nos informan dende a Federación de Peñas.
Os que recibiron a confirmación das entradas poderán recollelas na Oficina de Atención o Deportivista a partir de hoxe as 17:00 horas. Tamén poderán facer o ingreso das mesmas ó número de conta da Federación.
As peñas que non poidan recollelas, deberán comunicalo vía mail a Federación de Peñas antes do venres as 14:00 horas, para que as poidan levar a Bilbao, onde haberá xente da Federación que as entregaran antes do encontro.
O clube bilbaino mandou 210 entradas das que a federación vendeu o 40%, tocándolle o outro 60% ao clube, que de seguro que se venderán nun suspiro. Destacar o prezo de 10 euros, por entrada, moi lonxe de atracos coma os vividos en moitos dos outros campos.
Hoxe vende entradas o club deportivista

O RC Deportivo pon á venda hoxe xoves 7 de abril, até esgotar localidades, a cota correspondente aos socios do Club do total de 210 entradas de cara ao partido que o vindeiro domingo 10 ás 12:00 horas, (10:00 GMT). disputan en Lezama o filial branquivermello do Atlhetic Club de Bilbao e o Dépor correspondente á 31ª xornada en Primeira RFEF.

As pouco máis de 100 entradas, ao prezo de 10 euros cada unha, ao ser en formato físico, venderanse até esgotarse, presencial e exclusivamente a socias ou socios do Deportivo, hoxe xoves 7 de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas e, de non esgotarse, o venres 8 e 10:00 a 13:30 horas na Oficina de Atención ao Deportivista, (OAD), do Estadio de Riazor.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, unha ou dúas por cada persoa socia, mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que un deles pertenza á persoa titular do abono. Cada persoa física que acuda presencialmente a despacho de billetes pode retirar un máximo de 4 entradas mostrando dous carnés de socio e o DNI de todos os destinatarios.

A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta e para os seus membros a cota do total de entradas correspondente por convenio entre ambas as entidades.

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia/Federación de Peñas7RC Deportivo