A Federación de Peñas Deportivistas convoca unha manifestación o vindeiro 16 de xullo na Praza de Pontevedra en protesta ao troto para os socios da Grada de General e pola subida dos prezos dos abonos.

A Federación de Peñas Deportivistas convoca a afección a unha manifestación o vindeiro xoves 16 de xullo na Praza de Pontevedra a partires das 20:00 horas.

O pasado 9 de xullo había a carón da Torre de Maratón unha asemblea na que falaron o presidente da Federación de Peñas, Luis Martínez, e na que se pideu “respeto ao deportivismo”, na mesma tamén falaron por parte dos Riazor Blues e Old Faces, para amosar o rexeitamenteo o trato “discriminatoria e desproporcional” que sufre a Grada de General, (Maratón Inferior), polas novas normas que implantará o clube e que obrigan aos afeccionados desta grada a renovar de maneira presencial e firmar 11 normas, cousa que non se fai co resto de gradas, apuntando diretamente a os que ocupan esta zona do campo como culpables  de cusas que non se viron en toda a tempada, ou que foron igual ca noutras zonas. Tamén se rexeita desde a Federación a gran subida nos prezos dos abonos para tódolos socios, unha subida que consideran “desproporcionada”.

Tras esta asemblea a que acudiron máis dun milleiro de deportivistas os convocantes presentaron no Concello da Coruña unha queixa pola situación que vive a Grada de General e instan a alcaldesa coruñesa, Inés Rey a que “é o momento de escoitar a afección e actuar, o deportivismo merece respecto”, segundoi apuntan desde a Federación de Peñas. Asimesmo denunciaron ao RC Deportivo ante Protección de Datos polo que contan que foi vulnerada.

Sobre todo esto e neste clima de tensión e desasosego que se está a vivir o clube convocou a Federación de Peñas para tratar un novo convenio de colaboración. Con moi boas palabras fíxoo o clube nunha carta mandada ao presidente da Federación, Luis Martínez, e a tódalas peñas. Unha carta asinada por Máximo Benassi.

O Depor somos nós e non nos merecemos o trato que nos están a dar. Vaia maneira de estropear e romper en anacos o que tanto tempo costou conseguir, esa unión ca que acabou a pasada tempada con unión antre a afección, o equipo e o clube, incluido neste eido a propia diretiva.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”