A FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS COMEZOU A TRABALLAR XA NA VINDEIRA TEMPADA.

Grupo de peñistas tras unha asemblea da Federación de Peñas.

 

A Federación de Peñas do RC Deportivo, a pesares de que ainda faltan preto de 3 meses para que de comezo a tempada 2021/21, xa comezou a traballar nela, e informou as peñas da folla de ruta a seguir.

Unha tempada na que esperan, “formar parte importante do clube”, do que xa o son. Dende a agrupación deportivista irán informando das novas con respeto o clube, desplazamentos, (no caso de que se poidan facer), accións que levemos a cabo, etc. Ó longo destes días enviarán a todalas peñas vía mail, o resumo das contas anuais. Tamén tentarán facer a convocatoria da Asemblea Anual, no momento que as autoridades sanitarias o permitan.
No que se refire a cota anual este ano, como o pasado, quedará fixada en 20 €. Unha cota para a que xa está aberto o prazo para o seu pagamento, no número de conta da Federación de Peñas.
-Foto : Federación de Peñas RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia