A FEDERACIÓN DE ACCIONISTAS E SOCIOS DO FÚTBOL ESPAÑOL QUERÉLASE CONTRA TEBAS SEU FILLO E O PRESIDENTE DO FUENLABRADA.

 

A Federación de Accionistas e Socios do Fútbol Español, (FASFE) presentou No xulgado Central de Instrución de Madrid unha querela criminal contra, Javier Tebas, (Presidente da LFP),  Jonathan Praena , (Presidente do Fuenlabrada), e Javier Tebas, “fillo”, (diretivo do Fuenlabrada), pola comisión de diversos delitos postos de manifesto, tras a irregular xornada final do Campionato Nacional de Liga de Segunda División.

Na querela denúnciase a viaxe a Coruña con infectados, a adulteración da liga, as relacións económicas e deportivas do presidente Tebas co seu fillo e co Fuenlabrada, e das : “reaccións ante este feito por parte de Tebas Medrano e a liga de Fútbol Profesional, que denotan unha inconcibible parcialidade e ilegalidade que compromete a integridade da competición, e das relacións entre o dirixente da liga e o citado club que coñecemos posteriormente dedúcense, polo menos, os seguintes delitos que son o motivo da querela: 

1-Lesións dolosas, (artigo 147 do Código penal).

2-Delito contra os dereitos dos traballadores, (artigo 316 do Código penal).

3-Negociacións prohibidas, (artigo 439 do Código penal), e/ou corrupción nos negocios (artigo 286 bis do Código penal).

4-Delito societario, (artigo 290 do Código penal).

 

Gradas ilegias no “Fernando Torres”

Ademáis en OKDiario sacaron hoxe a luz que no “Fernando Torres” campo do Fuenlabrada CF, as gradas supletorias son ilegias, teñen unha débeda de 180.000 euros ca compañía que as colocou, deben a Facenda 300.000 euros a Seguridade Social 600.000 euros e comezaron a facer fichaxes millonarios antes de saber se os descenderían o que denota que xa sabían que se ía a decidir. Ademáis esto fai ver as craras que o “estricto contros económico” que fai a Liga os clubes, con eles non existeu.

PREME AQUÍ, para ver o completo a información de OK Diario.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia/FASFE