Ai quen pensa que a Barca e a sua Romaría son as orquestras que actuan de noite pero nada máis lonxe da realidade. A Barca e todo que envolve é unha amalgama diversa pero que o que máis atrae é todo o que envolve a Imaxe Santa da Nosa Señora da Barca. As verbenas da noite son desde fai anos todas iguais ou parecidas e canto mellor sexa a orquestra ou atracción máis xente leva, son un alicente que atre a xente diferente a que atrae a Romaría e os actos relixiosos.
A Barca é diferente, a Barca atrae por devoción, por costume, por arraigo e por promesas, logo está o festeiro que atrae polos fogos da noite do sábado, pola extraordinaria traca do Domingo e pola multitude, algunha que acude a zona da verbena e outra que fai a festa pola sua banda, sexa de xuventude como de tradicional, así como recentemente implantada “macro sesión vermút” do Domingo, e logo están as costumes da procesión do Luns da Barca. “Día dos muxiáns”, que cada vez máis xente elixe para evitar aglomeracións, e os xantares trala sesión vermút, en especial o polbo.
Aquí vos traemos un reportaxe para a lembranza dunha extraordinaria Barca 2025 que comezou o 31 de Agosto en actos litúrxicos ca procesión da imaxe da recuperada andia do 1921 e que foi ata enriba da Pedra dábalar na caida do sol, unha procesión que fixo poñer os pelos de punta e saltar bágoas, e co alicente de que días antes a pedro volveu a abalar de maneira particular sen técnicos por medio.
Trala procesión da andia chegou a Novena ó 4 de stembro con misa tódolos días ás 09:00 e ás 19:00 horas, e con gran cantidade de devotos cada día multiplicándose de venres a Domingo, e outro dos actos multitudinairos emotivo e enrañable foi o 7 de setembro ca cada vez máis concurrida “Procesión da antorchas”, que cun percorrido de 2´5 Kms deu a volta a toda a península muxiana ata retornar o punto de partida, o Santuario.
A pedra abalou
Un día despois da “Procesión das antorchas”, escoitando a Novena desde a porta sentimos abalar a pedra e saquei este vídeo que deu a volta o mundo e que me pediron para poder emitir : La Voz de Galicia, El Mundo, Tele 5, dous programas da TVG, La Sexta, Agencia EFE…A Pedra d´abalar voltaba a moverse e facendo forza tan só 3 persoas. O parecer xa abalara a principios de Agosto, pero casualidades para que crea quen queira…celebrou a volta da Nosa Señora sobre a gran mole de 70 toneladas parte do barco da Virxe. E abalou miles de veces toda a Romaría pero canta máis xente tiña enriba máis lle costaba.
Un palco de record
Chegou a festa da Romaría e o desemarco de dúcias de miler de persoas que se unían as persoas que viñeron polo relixioso ou espiritual. Destacar no tema das verbenas a orquestra Kubo que traía consigo o palco máis grande dunha orquestra en toda Europa. Destacar as boas maneiras desta orquestra que deu un verdadeiro espectáculo de música moita dela pouco habitual no que se está aver e con gran calidade e pouca palabrería.
A GRAN noite do sábado
Tralas multitudinarias misas do sábado a mañan e a tarde chegou o desembarco de milleiros de persoas hádidos de festa para disfrutar da verbena e dos fogos de artificio. Namentras que moitas partes de Galicia chovía Muxía permanecía nun “oasis”, pois tan só caeron unhas gotas durante 10-15 minutos en torno ás 2 da madrugada do Domingo, parecía que se ía a fastidiar a noite pero foi só un amago. Que chovera en outros sitios de seguro que retraeu a moitos de vir, e outros chegaban o decirlles que aquí non chovía. Con todo eso a noite foi extraordinaria en canto a asistencia. Non só estaba cheo a zona da verbena como se pode ver no vídeo de Álvaro Rodriguez desde a sua terraza e que colle só o campo da festa, estaban cheos os Paraventos, a zona de bares con música, as atraccións, e o Paseo do Malecón con numerosos postos de bebidas, comidas, mercadeo e as pulpeiras de toda vida, así como outras zonas do pobo.
Este vídeo é xusto despois dos fogos de artificio.
Un fogos espectaculares
Costa comparar pero os fogos do Sábado da Barca foron do mellor en moitos anos, en duración, en calidade e en cantidade. Para mostra aquí tes un vídeo ca parte final que fixo saltar os aplausos dos milleiros de persoas que se asentaron por toda a parte este do pobo desde o muelle, pasando polo Corpiño, Camiño da Barca, Paseo do Malecón, A Cruz, etc…

Domingo da Barca, Domingo de devoción
O Domingo da Barca é un día no que é moi difícil saber a cantidade de xente que pasa por Muxía, máis se cabe co sábado. O motivo é a grande cantidade de persoas que chegan para o acto central da misa e a protección, así coma os que veñen para ver a traca máis grande de Galicia, a cal tamén ten moitos devotos, e logo os que veñen parameterlle uns bailes, ou simplremente para ver o ambente e pasear polo pobo. Tamén os hai que chegan e trala procesión collen un lugar onde xantar xuntos.
A misa foi unha vez impresionante e tivo como imnovación que os relixiosos acompañados dun paraugas granate para ser vistos antre a multitude, achegáronse aos devotos por toda a falda do Corpiño para dar a Comunión, e logo a procesión congregou a milleiros de persoas que a acompañaron a Nosa Señora desde o Santuario, así como as que se posicionaron esperando a comitiva, así coma os rezagados, os que se atoparon con ela de fronte cando ían cara a Barca. Monte Corpiño, paseos, balcóns, etc…esperaban pola Virxe ou a que chegase o peirao para o lanzamento da traca na sua honra.
A mellor traca da historia
Sen dúbida a deste 2025 foi a traca máis impresionante e fermosa de todas cantas se levan lanzado. O preto de medio km do espigón de abrigo estivo cheo de pirotecnia de lais a lais, pero non só dunha vez, senón que de varias. A traca comezou cuns fogos sonoros e de cores, para logo ir ca típica récola de bombas de palenque e un mortero cada 5 segundos, esto ata chegar a curva cando a mecha se fixo máis rápida ata chegar os derradeiros 25-50 metros que saltou todo xunto en duas filas, pero a gran sorpresa foi cando todo mundo aplaudía xa o estruendo final, saltou todo espigon enteiro con morteros de sonido desde a punta ata o comezo de maneira super rápida o que fixo estallar o aplauso e os gritos da xente emocionada. Por desgracia, (erro técnico), só temos en vídeo o comezo da traca e o final ata cando comeza esta imnovación dos morteros de sonido e luz.
Macro sesión vermút
A Barca implementou por primeira vez o de ter 3 orquestras pola noite o que extendía as verbenas ata ás 9 da mañán do día seguinte dando pé aos romeiros e visitantes que chegaban pola mañán do Domingo aos actos relixiosos e a Romaría a poder meterlle uns bailes antes de, ou despois de almorzar. Por motivos de seguridade esta tradición desapareceu e deu paso a duas orquetras na seisón vermút, o que a alaonga, despois da procesión chegue a Igrexa de Santa María de Muxía, ata as 7 da tarde. Unha macro sesión vermút que chegou para quedarse pola boa acollidada de romeiros, veciños e festeiros.
Luns da Barca “Día dos muxiáns”
Trala verbena da noite do Domingo chegou outro dos días grandes da romaría, o Luns da Barca ou “Día dos muxiáns”. Cada ano un día máis concurrido por aquelo de que xente de fora do pobo escolle este día para ir a procesión e a misa con menos multitude. Unha procesión moi emotiva que saeu coma sempre dende a Igrexa Parroquial ata o Santuario sendo despedida cunha traca dende a zona da Ferida.
Unha das multitudinarias peregrinacións xubilais.
Volveu a ter unha gran asistencia para pechar os actos relixisoso deste Ano Xubilar no que o Santuario foi un dos 4 templos elixidos en Galicia para gañar o xubileo e que fixo que se convertese neste 2025 nun dos principais centros de peregrinación de Galicia con visitas de dúcias de miles de devotos.
Despedida o sol con Xabier Díaz
O músico galego Xabier Díaz que durante o seu concerto no Mercado das Rutas do Mar na segunda semana de agosto prometeu que voltaría a Muxía para interpretar o ” Alalá da Nosa Señora da Barca”, foi de palabra e alí estivo, rodeado de comarea de xente e ao unísino con todos cantouse mentres o sol ía caendo polo oeste, non acto que fixo saltar as bágoas a moitos/as e poñerlle a pel de galiña a todos/as. Xuntouse todo e fixo unha tarde extraordinarai, foi outro dos actos para o recordo desta extraordinaria Barca 2025.

Un traballo excelente de orgañización
Hai que destacar o excelente traballo de orgañización por parte da Comisión de Festas e dos membros das forzas de seguridade e Concello de Muxía. Os primeiros no seu duro traballo antes, durante e despois da romaría, na orgañización de eventos, actos e demáis ro,pedeiros de cabeza que ten orgañizar unha romaría desta magnitude para que quede contenta a maioría da xente e os segundos en velar no bo desenvolvemento de todos eles así coma dos relixiosos. Policía Local de Muxía e outros concellos, ao igual ca Agrupación de Protección Civil de Muxía e doutros consellos colaboradores, nomeando como non pode ser doutra maneira a de Getafe que leva vindo a axudar desde o Prestige con medios humanos e material, así coma o SAMUR que só sae de Madrid para estar presente en Muxía ca sua ambulancia medicalizada. Tamén os servizos de limpeza do Concello hábidos de que todo esté limpo durante a romaría e despois dela, con todo o que supón o paso de dúcias de miles de persoas.
.
-Fotos e vídeos : Xosé Búa “Pirata”
-Derradeira foto : Basilio Bello








