Finalmente o derradeiro encontro da tempada da 2ª Galega Feminina G1, que tiña que xogar o SCDR Esteirana ante o seu púbrico no “Xosé Luis Vara”, non se xogou, sendo suspendido pola RFGF trala denuncia do SD Milagrosa que se xogaba manter o posto de promoción, e aboca por lei as das Salinas a 3ª galega Feminina “A Costa”.
A mala praxis das lucenses privou ao equipo de Esteiro dunha permanenza conseguida no terreo de xogo tras unha tempada na que na segunda volta sufriron toda crase de desgracias e tiveron que presentarse en varios encontros con 10 xogadoras e ata con 9, pero sempre competindo con grandeza. O Milagrosa denunciou para non ir xogar e embolsarse os 3 punto e de maneira deshonesta importándolle un pemento o perxuizo que lle facía o equipo que dirixe Fran Figueroa, que vive nestes días unha mezcla de rabia contida e impotencia.
A lei do sancionadora do deporte di que un equipo que xogue 5 encontros discontinuos ou 3 seguidos en inferioridade será baixado de categoría e sanción económica. O clube esteirán alegou que competiron en todos eses encontros sen desvirtuar para nada a competición, pero a lei escrita prevalece.
O Fútbol debe unir e non desunir, cousa que consigueu o equipo lucense, o que levantou o cabreo de todo o fútbol da costa feminino e dos afeccionados. O karma devolve as cousas ainda que se tome o seu tempo e de seguro que non ha de haber puntada sen fío.
Todo o noso ánimo e apoio a tódolos/as que forman a SCDR Esteirana nestes intres de desasosego, rabia e malestar.
.
-Foto : Fran Figueroa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”