A Esteirana Feminina non se presentará o encontro da 29ª xornada da 2ª Galega Feminina o non contar cas xogadoras necesarias polas numerosas baixas.

 

No día de hoxe a partires das 18:00 horas o SCDR Esteirana Feminino debería xogar no Municipal de Eirís-Lamadosa o encontro da 26ª xornada da 2ª Galega Feminina, pero non poderá ser e o encontro xa foi suspendido o avisar desde Esteiro que non se poderían presentar o non ter as xogadoras suficientes como para poder competir.

A Esteirana xa leva moitas xornadas con problemas tanto en liga coma en copa e chegando a xogar ata con 10 xogadoras e en varias ocasións con 11 xustas, debido as numerosas baixas de lona duración que ten no plantel.

Fran Figueroa nun encontro de copa.

O adestrador das esteiranas, Fran Figueroa frustrado polo que están a vivir ultimamente quer acabar a tempada, “da mellor maneira posible”, e espera, “recuperar a alguén para afrontar o que nos queda”.

Desde piratasdemuxia.es non podemos máis ca desexar que así sexa e que se vaian recuperando rapazas para poder competir ata o final e aguantar nos 5 encontros que lle quedarán. As das Salinas están nunha máis ca meritoria 11ª praza a pesar das adversidades que están a vivir. Suman 34 puntos de 10 encontros gañados, 2 empatados e 12 perdidos.

.

2ª GALEGA FEMININA G1

29ª Xornada

Domingo 26/04/2026

SDC Órdenes “C”  Orillamar SD, 25/04 ás 12:30

Victoria CF “C” – CF Dumbría, ás 16:00

UC Cee – SCD Milagrosa, ás 16:30

AD Nicrariense – CF Muxía, ás 17:00

SD San Lázaro – Unión Campestre, ás 18:00

Eirís SD – SCDR Esteirana, (Suspendido)

Brexo Lema SD  Cultural Maniños, ás 19:00

Bergantiños FC “B” – SD Tordoia, ás 19:00

Descansa : CF Corme

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”