A ESTEIRANA DERROTA AO MONTE LOURO E PASA A SEMIFINAL ANTE O CASTRIZ.

A Esteriana a por un sitio na final.

 

UD Monte Louro 0-3 SCDR Esteirana

Esperaba rival en semifinais da “LVII Copa da Costa, o SD Castriz, e non houbo sorpresa, o equipo esteirán, amosou a sua solvencia, que o levou a ascender a 1ª Galicia, e adiantábase por medio de Pablo Rama, a media hora de xogo, resulyado co que se chegaría o descanso. Xa na segunda metade Brais Romero, facía o segundo, que xa facía moi complicada a reacción dos loureses. Raúl Lestón, no desconto facía o definitivo, 0-3.

Os esteiráns reciben ao SD Castriz este mañán Domingo a partires das 19:00 horas, coa arbitraxe de Nicolás Elesepe Tireux, no “Xosé Luis Vara”.

Na outra semifinal o Muxía CF, recibe, tamén mañán Domingo), ao SD Fisterra, no “A Arliña”, a partires das 18:30 horas, coa arbitraxe de Darío Costas Rodal.

-Foto : A Voz da Esteirana

-Texto : piratasdemuxia