A Escola Galega de Adestradores convoca un curso de Adestrador Profesional na Coruña.

 

A Escola Galega de Adestradores convoca a partir de marzo o curso de Adestrador Profesional de Fútbol na Coruña. A inscrición xa está aberta ata o día 24.

A Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) continúa apostando pola formación sen descanso. En xaneiro comezaron 22 cursos anuais UEFA B e UEFA A de Fútbol, Nacional A e Nacional B de Fútbol Sala e o curso de máximo nivel Adestrador Profesional-Nivel 3 en Pontevedra. Ademais, o próximo luns 15 de xaneiro arrincará o terceiro curso Licenza UEFA C e Nacional C de Fútbol Sala de xeito semipresencial con máis de 200 alumnos.

Non obstante, a Escola Galega de Adestradores que dirixe Iván Cancela quere máis e volve á carga convocando outro curso de máximo nivel, o curso de Adestrador Profesional-Nivel 3, desta vez na Coruña. O curso volve facerse na cidade herculina despois de 8 anos, xa que o último que se fixo na Coruña data do ano 2013. O diploma de Adestrador Profesional (antigo Nivel 3) é unha titulación que constitúe o nivel máis alto e coa que os seus posuidores teñen acceso aos bancos de todas as categorías do fútbol, tanto en España como no estranxeiro.

A actividade formativa desenvolverase desde o mes de marzo e estenderase ata o mes de agosto. En canto ao horario, a formación terá lugar os luns e mércores de 18 a 23 horas e algúns sábados de 9.30 a 14.30 horas. Este ano, debido as circunstancias derivadas da COVID-19, vai ser un curso diferente e adaptado ás directrices que se marcan desde as autoridades sanitarias. A Escola non quere perder a esencia e continuará centrando todos os seus esforzos na calidade da formación dos alumnos, pero baixo unhas medidas sanitarias que nos permitan celebrar o curso nun entorno seguro.

Así, durante os meses de marzo e abril, vaise poder seguir nunha plataforma que a Escola poñerá a disposición dos alumnos, para despois finalizar o curso de forma presencial ata o mes de agosto. A Escola ofrece así a posibilidade de obter o diploma de máximo nivel reducindo notablemente a duración presencial habitual da formación necesaria para a obtención desta titulación. A Escola de Adestradores responde deste xeito á demanda dos moitos técnicos interesados na zona da Coruña.

Partes do curso (plataforma, presencial e ABR)

-Formación virtual: Comezará en marzo e levarase a cabo desde a plataforma de formación da Real Federación Española de Fútbol (Misquad).

-Formación presencial: Cando remate a parte virtual levarase a cabo a parte presencial, a partir de maio, os luns e mércores de 18 a 23 horas e algún sábados de 9.30 a 14.30 horas.

-ABR (Aprendizaxe Baseado na Realidade): Os alumnos e alumnas deberán de completar o ABR (prácticas nun club) exercendo de adestrador en clubes federados da RFGF. Os alumnos poderán tramitar licenza federativa como adestradores desde o inicio do curso.

Prezo

O prezo do curso é de 1.500€.

Inscricións

Para matricularte nos cursos (o prazo está aberto ata o próximo día 24 de febreiro) tes dúas opcións:

-Se xa eres alumno da Escola e tes as claves da Intranet:

  1. Accede a túa intranet coas claves da Escola (se non as lembras podes pedilas no correo escueladeentrenadores@futgal.es)
  2. Desde a “ficha do alumno” – “solicitar novo curso” selecciona o curso. Se non podes solicitar o curso que queres contacta coa Escola
  3. Adxunta a documentación requerida desde “adxuntar documentación”

-Se NON eres alumno da Escola e NON tes as claves da intranet:

  1. Accede á páxina web da RFGF (futgal.es)
  2. Pica en Adestradores – Escola – Inscrición Online
  3. Graba os teus datos e en curso a solicitar indica o curso
  4. Confirma no teu correo a inscrición e accede á túa Intranet
  5. Adxunta a documentación requerida dende “adxuntar documentación”.

-Texto e Foto : Escola Galega de Adestradires da RFGF


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies