A ESCOLA DE FÚTBOL “JUAN CABREJO” DE CAMARIÑAS BUSCA RAPAZAS PARA FORMAR EQUIPO FEMININO PARA A 2023/24 AO IGUAL CO MUXÍA CF E O SD FISTERRA.

No Cabana formáronse moitas rapazas do fútbol e futsal costeiro.

 

Cada ano está a crecer na Costa da morte máis o fútbol feminino. Son moitas as rapazas que comezaron nas escolas deportivas municipais dos concellos costeiros e que xogaban nas ligas de futsal de base, para logo dar o salto ao fútbol 7, hoxe en día fútbol8. Continuaban en infantís e cadetes e aí acababa o seu periplo. Equipos de futsal coma o Fisober FSF, unión das siglas das bisbarras de FIsterra, SOneira e BERgantiños, fixeron moito para que moitas rapazas tiveran unha saida, o acabarselles o ciclo nun fútbol machista, que lles coartaba a sua proxección onde non había equipos de mulleres, ou o que é mellor, non había nin ligas. Algunhas optaron por ir xogar a Coruña, pero moi poucas, e houbo casos que acabaron en Carballo, Tordoia, e ata na zona de Santiago.

Na costa tralos escarceos de encontros dos propios equipos de futsal que facían equipos de fútbol campo para determinados eventos, (coma o Fisober, ou a Selección da Costa), ou equipos sen federar, (CD Baio), chegaron equipos coma o UC Cee, ED As Miúdas, e o Bergantiños, e foron abrindo camiño coa irrupción do Xallas FC, CF Mazaricos, (Comezou na Copa de Santiagop de F7), e máis recentemente, UD Cerqueda, Ponteceso SD, Corme CF e CF Dumbría, equipos que excepto o Bergantiños FC que milita na 1ª Galicia Feminina, militan na 2ª División Galega Grupos 2 e 4, e das que vos traemos cada semana as crónicas dos seus choques, ou ben tralos encontros cando xogan sábado, (ou o día seguinte), e os martes cando xogan Domingo. Unhas crónicas que leen cada semana varios miles de persoas e que van crecendo.

Escola de Fútbol Concello de Camariñas “Juan Cabrejo” busca facer equipo feminino

A Escola de Fútbol “Juan Cabrejo”, que dirixe e que leva io nome de Juan Cabrejo, un dos mellores xogadores de fútbol que pareu a vila camariñana, actualmente tamén adestrador nas escolas e no Camariñas FC, anúnciannos que por segunda vez van a tratar de formar equipo feminino senior, para tratar de saltar a palestra na Tempada 2023/24. Todo esto, cos mesmos motivos que esgrimíamos ao inicio do artigo, dar saida as rapazas o chegar aos 13 anos e poder seguir facendo deporte e disfrutando do que tanto lles gusta na sua propia casa e defendendo as suas cores. 

Polo tanto todas aquelas rapazas de 13 anos en diante que desexen enrrolarse no novo proxecto da escola camariñana, poderán facelo contactando coa propia escola, nas suas redes sociais, ou falando cos responsables a escola, no “Hermanas Patiño” os dias de competición.

 

Muxía CF e SD Fisterra tamén traballan en formar equipo para a 2023/24

Nunha tesitura semellante, están moitos equipos que teñen escolas de base. Fai uns días anunciábamos o interese do Muxía CF en facer equipo feminino e o día seguinte chegábanos por parte dunha afeccionada fisterrana, que o SD Fisterra tamén quer conformar un equipo para a 2023/24. En tódolos casos a idade mínima é a de 13 anos.

No caso do Muxía CF as interesadas poderán opter máis información no Teléfono de Whatsapp : 606 816 086 (Felipe).

As interesadas en formar parte do proxecto do SD Fisterra o teléfono de información é o : 637 199 304, ou no instagram e FaceBook do clube.

 

Crónicas da xornada dos equipos costeiros

-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ

 

 

 

-Foto de arquivo e Texto : piratasdemuxia