A ESCOLA DE ADESTRADORES DA RFGF CONVOCA CURSOS DE ADESTRADOR PROFESIONAL, (Toda a información).

 

Cursos de adestrador de máximo nivel
A Escola de Adestradores da RFGF convoca os cursos de Adestrador Profesional.

A Escola Galega de Adestradores da RFGF convoca este verán os cursos de Adestrador Profesional de Fútbol e Fútbol Sala. A inscrición xa está aberta. A Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol continúa apostando pola formación sen apenas descanso. Por cuarto ano consecutivo vanse impartir cursos de máximo nivel no verán. O diploma de Adestrador Profesional (antigo Nivel 3) é unha titulación que constitúe o nivel máis alto e coa que os seus posuidores teñen acceso aos bancos de todas as categorías do fútbol e de fútbol sala, tanto en España como no estranxeiro.

O curso desenvolverase na sede da RFGF en Santiago de Compostela (Estadio Vero Boquete de San Lázaro) dende o 22 de xullo e se extenderá durante todo o mes de agosto (no caso de que a maioría dos alumnos pertenzan a outra zona xeográfica poderíase estudar a posibilidade de impartir as clases nunha delegación próxima). En canto ao horario, a formación terá lugar de luns a venres de 9 a 21:30 horas e os sábados de 9 a 14:30 horas.

Este ano, debido as circunstancias derivadas do COVID-19, vai ser un curso diferente e adaptado ás directrices que se marcan desde as autoridades sanitarias. A Escola non quere perder a esencia e continuará centrando todos os seus esforzos na calidade da formación dos alumnos, utilizando as magníficas instalacións da Real Federación Galega de Fútbol, pero baixo unas medidas de hixiene que nos permitan celebrar o curso nun entorno seguro.
Así, durante as dúas últimas semanas de xullo o curso vaise poder seguir nunha plataforma que a Escola poñerá a disposición dos alumnos, para despois finalizar o curso de forma presencial durante todo o mes de agosto.

A Escola ofrece así a posibilidade de obter o diploma de máximo nivel no verán, reducindo notablemente a duración habitual da formación necesaria para a obtención desta titulación. Ofertando esta opción, a Escola de Adestradores responde á demanda dos moitos técnicos interesados en acadar este nivel pero que, por razóns laborais ou de incompatibilidade de horarios, non poden asistir a cursos máis longos.
Inscrición aberta e documentos

Os interesados en matricularse xa poden facelo, pois a inscrición está aberta ata o 12 de xullo en fútbol e o 6 de xullo en fútbol sala. O proceso pode realizarse a través do noso FORMULARIO DE INSCRICIÓN ONLINE.
A oferta inicial é de 35 prazas por orde de inscrición.

Toda a información sobre as bases da convocatoria, os requisitos de acceso, o programa e horarios do curso e as instrucións para o procedemento de matrícula e pago atoparédela nos seguintes documentos dispoñibles para a súa descarga.

-Convocatoria FÚTBOL
-Convocatoria FÚTBOL SALA
-Documento con información complementaria sobre o Curso de Adestrador Profesional de Fútbol
-Documento con información complementaria sobre o Curso de Adestrador Profesional de Fútbol Sala
-Declaración xurada
-Currículo

Para resolver calquera dúbida sobre o curso ou problema co proceso de inscrición podes contactar coa Escola Galega de Adestradores a través do correo electrónico escueladeentrenadores@futgal.es ou no teléfono 981 900 600.