A DIRETIVA DO MUXÍA CF DIMITE EN PLENO

Álvaro Rodríguez na seu estrea como presidente.

 

Dimite a directiva do Muxía CF e xa hai un candidato

Fai un mes o presidente Álvaro Rodríguez xa deu a coñecer que deixaba o clube por cuestións de traballo o non poder atender adecuadamente as cousas do clube. Onte era o adestrador o que decía que dimitía, ainda que ca entrada de unha nova diretiva a sua continuidade non estaba asegurada. Na tade de onte tivo lugar a asemblea de socios na que se deron a coñecer as contas do clube que deixan un superavit de en torno aos 5.000 euros e dimiteu a diretiva en pleno deixando as portas abertas durante unha semana a presentación de novas candidaturas.

Juan José Busto, que xa formaba parte da diretiva actual, pai do xogador do equipo Julián Busto, manifestou a sua intención de presentarse, polo que de entrada xa non hai un “vacio” de persoas que queiran continuar un proxecto que deu nos derradeiros 3 anos un plus o clube no institucional e no deportivo.

Durante o mandato de Álvaro Rodríguez e a sua diretiva o clube reestructurouse totalmente, acadou o ascenso a Liga da Costa despois de máis dunha década tentándoo, arranxouse o campo tanto co novo céspede, e diversas instalacións, así como no material de adestramento e de cantina, así como a creación da Escola de Fútbol do Muxía CF.

Este ano o equipo senior comezou a liga sendo un dos favoritos ao ascenso, pero por unhas e outras cousas quedaría moi lonxe do que se esperaba, pero consolidouse na categoría, co segundo ano consecutivo tras un lustro vagando polo deserto.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es