A DIRETIVA DA SD LAXE ANUNCIA NUN COMUNICADO QUE NON CONTINURÁ A VINDEIRA TEMPADA.

O equipo laxense gañouse no campo o dreito a loitar polo ascenso.

 

A diretiva da SD Laxe que milita na 3ª da costa e que se quedou sen a probabilidade de ascenso co parón polo COVID-19 e o non se xogar a promoción de ascenso para a que estaba clasificado, comunica a sua renuncia a continuar na vindeira tempada polo que abre as portas aos que se queiran presentar para coller o club, que será na vindeira asemblea de socios, da que darán constancia cando se faga.

COMUNICADO DA DIRECTIVA DA SOCIEDADE DEPORTIVA LAXE
Desde a Directiva da SD Laxe, dirixímonos aos xogadores, socios e simpatizantes deste clube, para comunicar que tras rematar esta tempada cesamos nos nosos cargos. Queremos facelo así para que todos aqueles socios, que desexen presentar a súa candidatura fágano con tempo suficiente para poder afrontar a seguinte tempada.
Estas candidaturas poderán presentarse na seguinte Asemblea Xeral, que se celebrará en canto a pandemia que estamos a vivir permítanolo. Dita convocatoria comunicarase no seu momento. Esta tempada tivo un final imprevisto que nos privou dalgúns logros, pero queremos comunicar que mentres non se poida elixir e constituír unha nova directiva, continuaremos loitando por algo que reclamamos xa a principio de tempada, e que cremos que sería crucial para a viabilidade do equipo. Imos presentar esta proposta á Federación despois de falalo co equipo Senior, e tomando unha decisión conxunta.
Desde a Directiva aceptamos a decisión da Real Federación Galega de Fútbol, de finalizar a tempada 2019-2020, pero cremos que a tempada 2020-2021, debería ser diferente, e imos tentar que así sexa. Esperamos que desde a Federación escóitesenos e nos brínde o seu apoio, dada a situación que se aveciña. Iremos informando do que vaiamos sabendo esperando que a historia deste Club continúe.
Por último, queremos agradecer a todos os xogadores, pais, socios, adestradores e afeccionados a súa colaboración durante este tempo, de igual modo queremos dar as grazas ás casas comerciais e ao Concello de Laxe polo seu apoio.
Grazas a todos.
VAMOS LAXEEEEE
(asinado), A DIRECTIVA

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/SD Laxe

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies