A DESTITUCIÓN DE MANU SÁNCHEZ DE ESTRAÑO EN ESTRAÑO.

 

Na rolda de prensa do presidnte do RC Deportivo, Antonio Couceiro, sorprendeu sobre todo a destitución de Manu Sánchez como adestrador do Deportivo feminino, o chamado Deportivo ABANCA. Segundo o presidente deportivista, o cal é unha figura, e un nome posto aí polo máximo accionista o banco ABANCA, tan só duas xogadoras continuan do anterior plantel, suben 3 do filial e ficháronse 12 rapazas, as cales foron fichadas por Manu Sánchez e o seu compañeiro Pablo Pereiro, e ambos vanse a rua.

De estraño a estraño todo isto. Cousa que nen nos parece ben como deportivistas, nen como accionistas do clube. O noso apoio total a ambls adestradores que son gran parte da culpa de qie o Deportivo feminino sexa o qie é hoxe en día.

 

Raquel García a derradeira en chegar

Raquel García Yagüe (Madrid, 22 de abril de 1997) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

A defensa ou centrocampista madrileña, curiosamente a primeira futbolista desa comunidade na historia do Dépor ABANCA, ten dúas temporadas de experiencia en Primera Iberdrola: co Málaga CF e o EDF Logroño, equipo do que se marchou ao conxunto do que procede, o Granada CF.

A duodécima cara nova do Dépor ABANCA 2021-2022 comezou a xogar ao fútbol con só 8 anos no CD Puerta Bonita madrileño. Formada na canteira do Atlético de Madrid, ao que pertenceu durante 10 campañas (2007-2017), no curso 2017-2018 fichou polo Málaga CF, no que coincidiu coa tamén nova xogadora deportivista María Ruiz. Do mesmo xeito que a dianteira, Raquel foi parte importante do equipo que logrou o ascenso a Primera Iberdrola e tamén na temporada do debut malagueño na máxima categoría, na que xogou 29 encontros (todos como titular) e marcou o seu primeiro e único gol na mesma.

Ao curso seguinte, a central madrileña puxo rumbo ao EDF Logroño, co que participou en 20 encontros de Primera Iberdrola, 14 deles como titular. A súa última parada foi o Granada CF, co que militou en Reto Iberdrola o pasado exercicio. Raquel xogou 21 partidos (13 como titular) e anotou un tanto.

-Foto : Rubén Boutureira

-Texto : piratasdemuxia